1. IDENTIFICACIÓN DAS PARTES:
O presente Aviso Legal dos servizos ofrecidos na URL, Compostelahoxe.eu é propiedade de Pilar Corral García, domiciliada na Rúa Bruxelas, 10- Baixo J, 15707 de Santiago de Compostela, con número de teléfono 615101525 e enderezo de correo electrónico, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
2. OBXECTO E DEFINICIÓN DOS SERVIZOS OFRECIDOS:
Compostelahoxe.eu é unha web nomeadamente divulgativa das actividades culturais que se realizan en Santiago de Compostela. As informacións aquí facilitadas son obtidas na súa meirande parte das webs das propias entidades que as organizan ou doutras na rede, así como de cartaces e prensa escrita; nalgúns casos, mesmo son facilitadas polos propios organismos que as patrocinan.Compostelahoxe.eu informará gratuitamente de calquera actuación ou evento cultural, sempre que nos for facilitado coa debida antelación e ditas actuacións teñan lugar na nosa cidade ou na súa bisbarra.
3. USUARIOS E SERVIZOS OFRECIDOS POLO PORTAL:
O portal presenta servizos abertos á totalidade do público que o visita, agás nas areas privadas (como zona restrinxida).
4. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL/POLÍTICA DE PRIVACIDADE:
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, todos os datos de carácter persoal facilitados nos distintos formularios de recabo de datos habidos no portal serán incorporados a un ou varios ficheiros automatizados cuxo responsable de tratamento é Pilar Corral García, e serán tratados coa finalidade de permitir o acceso ás áreas restrinxidas para usuarios activos e xestión deles.
5. RESPONSABILIDADES:
CompostelaHoxe.eu, non se fará responsable, directa nin subsidiariamente da calidade do servizo, da velocidade de acceso, da dispoñibilidade nin continuidade do funcionamento do portal e os danos que poidan causarse nos equipos dos usuario pola utilización do mesmo; do incumprimento da lei, a moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública como consecuencia da transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos; dos vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados ou postos a disposición; da desactualización dos datos facilitados polo usuario, así como da facilitación de datos erróneos ou non veraces facilitados facendo uso dos servizos do portal. Compostelahoxe.eu recomenda cotexar os datos de concertos (lugar, prezos, horarios e datas) nos locais previstos para a súa celebración, así como confirmar que os enlaces para a compra de entradas coincidan coa actuación e día indicado. CompostelaHoxe.eu non se fai responsable de posibles erros na nosa web.
6. USO DE TECNOLOXÍA COOKIE:
Compostelahoxe.eu resérvase o dereito de utilización das denominadas “cookies”, en calquera tipo de utilización do Portal. Así a todo, infórmase aos usuarios da posibilidadede de rexeitar esa utilización no seu ordenador.
7. ENLACES OU LINKS:
O portal pode incluír enlaces ou links a sitios de terceiros. As devanditas webs non teñen sido revisadas nin son obxecto de controis polo portal. “CompostelaHoxe.” non poderá ser considerada en ningún caso responsable dos contidos destes sitios Web nin das medidas que se adopten relativas á súa privacidade ou tratamento dos seus datos de carácter persoal. Recomendamos a lectura detida das condicións de uso da política de privacidade destes sitios.
8. CONTACTAR:
Para calquera información adicional, remitir correo a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .